UN NOVO CURSO.

UN NOVO CURSO.
ESTAMOS EN 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

miércoles, 18 de mayo de 2016

Osos polares. Presentación de Sabela Cavielles.

Miguel de Cervantes.
  • Miguel de Cervantes Saavedra foi un soldado, novelista, poeta e dramaturgo español. É considerado a máxima figura da literatura española e é universalmente coñecido por escribir “Don Quixote da Mancha”.


  • Naceu en Alcalá de Henares entre o 29 de setembro e o 9 de outubro de 1547. Debido ao traballo do seu pai (barbeiro), a infancia de Cervantes foi unha peregrinación polas populosas cidades castelás. Aínda que seu pai non fora persoa de gran cultura e tivera unha mala situación económica , preocupábase pola educación dos seus fillos.




  • En 1571 participou na batalla de Lepanto onde as tropas españolas venceron aos turcos. No transcurso desta batalla recibiu o escritor tres feridas, unha das cales, inutilizou para sempre a súa man esquerda e lle valíu o apelativo de «o manco de Lepanto».




  • En 1575 partiu de novo hacia outra batalla. Ao pouco de zarpar de Nápoles na goleta Sol, esta estraviouse tras unha treboada que a separou do resto da flotilla e foi abordada á altura de Marsella polos turcos. En Arxel foi escravo e cautivo durante un lustro.




  • En 1605 apareceu en Madrid “El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha”. A súa fama chegou axiña.




  • Ademáis do Quixote escribiu obras de teatro, novela e poesía.




  • Morreu en Madrid o 23 de Abril de 1616.





                                                        Lucía Ponte.

CICLISMO.

Lince ibérico. Presentación de Sabela Cavielles.

Clara Campoamor.


    Nada en Madrid no ano 1.888 e falecida no ano 1.972 en Lausana (Suíza).

   Tivo que abandoar a súa formación polo falecemento do seu pai aos 12 anos, ata que no ano 1.921 retoma os seus estudos.

  Estudou a carreira de Dereito á mesma vez que traballaba, e licenciouse na Universidade Complutense de Madrid no ano 1.924.

   Foi unha das primeiras mulleres en actuar ante o Tribunal Supremo e ante o Tribunal Militar.

  Ao caer a ditadura de Primo de Rivera, inicia a súa militancia política no Partido Radical Socialista, e obtén plaza de diputada nas cortes constituintes da Primeira República.

  Tivo que fuxir de España a causa da Guerra Civil e morreu exiliada en Suíza.


  Defensora dos dereitos das mulleres, foi unha das principais 

impulsoras do sufraxio feminino en España (1.931).



                                             





                      Marta Valderrábano.