UN NOVO CURSO.

UN NOVO CURSO.
ESTAMOS EN 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

sábado, 24 de octubre de 2015

O ANEL MÁXICO.


Hai moitos, moitos anos, nesta mesma escola había una nena chamada Estrela, que tiña cinco anos. Un día, xogando ás agachadas, tocoulle pandar a Manolo, o neno máis malo do cole que fixo trampa e mirou onde se escondía Estrela e, claro… encontrouna á primeira. Mirou onde se escondía moitas veces máis e, como sempre a encontraba de primeira, Estrela non quixo xogar máis.

Cando chegou á casa visitouna a súa fada madriña que se chamaba Celeste e díxolle que se comía froita e verdura encontraría catro trociños dun mapa. Este mapa era… o mapa dun tesouro!! Tiña que montalo e seguir o camiño verde porque se seguía o camiño vermello perderíase e non podería saír do bosque nunca máis.

            Nos seguintes días só comía froitas e verduras para poder encontrar as pezas do mapa. Unha delas encontrouna nunha pera, outra nun repolo, outra nunha coliflor pero quedaba unha. Onde estaba??

            Estrela púxose moi triste e, de súpeto, na mazá que estaba comendo encontrou a última peza do mapa. Foi correndo á súa casa, montou o mapa e seguiu  o camiño  verde , pero Manolo viuna e seguíuna… Estrela deuse conta e deixouno que a seguise. Cando xa non o vía pensou:”Xa o buscarei cando encontre o tesouro”. O que non sabía Estrela é que Manolo collera, sen querer, o camiño vermello.

            Ao cabo dun rato chegou a unha casa abandonada e como o mapa indicaba que había que entrar, entrou. Alí estaba un trasno que lle dixo que para poder pasar tiña que resolver unha adiviña: “Ouro parece plátano é. Que é?”
            -Plátano! –dixo rapidamente Estrela.
            O trasno, sorprendido, escapou correndo.
            Estrela foi ao salón, onde o mapa indicaba que estaba o tesouro e, enriba da mesa, encontrou unha caixa cun anel dentro.
            - Que bonito!- exclamou, e púxoo.
            Logo acordouse de Manolo e foino buscar. Cando o atopou, Manolo que levaba moito tempo perdido levou unha grande alegría e díxolle:
            -Perdoa Estrela, non volverei a seguirte.

            E desde aquel día ninguén volveu facer nada malo porque senón Estrela  rifaríalles.
            E as nubes, ese día puxéronse tan contentas que, en vez de chover auga, deixaron caer caramelos, iso si, de froitas.


Celia Díaz-Castroverde e Sabela Cavielles (5ºB)








CREAMOS CON "TAGXEDO".

O NOSO HORTO.